O mercado municipal, sede dunha nova edición de MercaEscola, con 13 actividades gratuítas do 2 de marzo ao 25 de maio

A Concellaría de Feiras e Mercados do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición de MercaEscola, un programa formativo e informativo dirixido a persoas adultas que converterá a Sala Cervantes do Mercado Municipal nun espazo de aprendizaxe, reflexión e convivencia entre o 2 de marzo e o 25 de maio. O concelleiro delegado […]
O Concello de Carballo presenta o plan de dinamización do mercado municipal e a creación da asociación profesional A Praza

O Concello de Carballo presentou este xoves o Plan de dinamización do mercado municipal, unha iniciativa que busca reforzar o vínculo entre a veciñanza e o mercado, favorecer o comercio de proximidade e impulsar unha programación estable de accións ao longo do ano. Durante o acto tamén se fixo pública a recente creación da asociación […]
A veciñanza de Goiáns encheu o centro social na súa apertura ao público para celebrar o consello parroquial

A celebración do consello parroquial de Goiáns levantou moita expectación, pero esta vez non fai tanto polo contido coma polo continente. A veciñanza quería ver por dentro o novo centro social, que era a gran demanda da parroquia e que por fin é unha realidade. “Este edificio é voso. Agora hai que darlle vida, e […]
Aprobado o proxecto de mellora integral das redes de abastecemento e saneamento nos lugares do Monte, A Grela e A Ponte Rosende, que chegará a máis de cen fogares

O Concello de Carballo acometerá un importante proxecto de mellora e ampliación das redes de abastecemento e saneamento nos lugares do Monte, A Grela e A Ponte Rosende, na parroquia de Carballo, unha actuación estratéxica que permitirá completar e modernizar estas infraestruturas básicas e que chegará a máis de cen fogares. A intervención contará cun […]
O galego convértese nunha ferramenta de integración a través de iniciativas como os cursos de acollemento lingüístico e o programa Elos Carballo

O Concello de Carballo continúa a apostar polo galego como elemento clave de integración social a través dos cursos de acollemento lingüístico e do programa Elos Carballo, unha iniciativa de parellas lingüísticas que xa está en funcionamento e aberta á incorporación de novas persoas participantes. Por unha banda, a Concellaría de Normalización Lingüística vén de […]
A Concellaría de Promoción Económica e Turismo convoca ao tecido empresarial e asociativo a deseñar o futuro do turismo sostible do municipio no peche do programa C4S

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Carballo encara a recta final do programa C4S – Carballo pola sostibilidade cunha xornada clave para o futuro do sector. Tras meses de traballo con empresas locais a través de formación e mentorización personalizada , o proxecto culminará o 5 de febreiro cun Obradoiro de […]