2,69 Km2
78 habitantes (2024)
Aldemunde é a parroquia máis pequena e menos habitada do concello. Está no límite co municipio de Cerceda, no camiño cara a Ordes, e é moi interesante a nivel arqueolóxico. Conserva importantes restos do megalítico e da época castrexa.
Na parte alta da parroquia está a Pedra da Moura. É un dos dolmens máis grandes de Galicia, datado na época de apoxeo da cultura megalítica. Hoxe en día só conserva cinco dos sete chantos que a constituían en orixe. Di a lenda que as pedras que conforman esta anta foron carrexadas por unha muller dende o petón de Calvelo, mentres fiaba na roca e aleitaba unha crianza.
En Aldemunde de Abaixo atoparás un castro, protexido por un parapeto defensivo e por un foxo. As lendas fálannos de mouros e romanos, e da existencia dunha viga de ouro que ía dende o muíño da Regueira até o castro. E, xa que estamos por Aldemunde de Abaixo, podes achegarte tamén á fonte de Santa Marta, que disque é boa para o mal de oídos…
Á beira do río Abeleira está o bosque de Ribeira da Pena. Bidueiros, ameneiros, carballos ou as propias abeleiras que lle dan nome ao río, conforman un dos bosques máis importantes da Costa da Morte.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.