6,5 Km2
576 habitantes (2024)
Se queres facerte unha idea do poderío dos señores dos pazos na zona, vén pola parroquia de Artes, moi preto da vila. Artes é coñecida polo pazo de Vilardefrancos, no que, até non hai moitos anos, aínda habitaba o marqués.
O pazo, que foi erguido polos Pardiñas Vilar de Francos, é do século XVIII na súa maior parte, mais conta cunha torre central que se remonta aínda máis atrás, á época de Carlos V.
Pretiño do pazo de Vilar de Francos érguese o carballo de Santo Antón, que colle o nome do santo ao que está adicada a capela do pazo. Actualmente, por mór do paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, foi crebando e consérvase unha pequena parte do tronco.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.