A bicicleta volverá ser protagonista o sábado 19 de setembro cun percorrido entre Carballo e Razo a través da rede de sendas Cicl-Ando Carballo.
A ruta desenvolverase entre as 10.30 e as 13.30 horas, con saída desde o aparcadoiro da rúa Perú, e está dirixida a persoas maiores de oito anos. Na organización colabora o Club Ciclista Carballo e será necesaria inscrición previa.
A actividade pretende mostrar as posibilidades da bicicleta para realizar non só percorridos urbanos, senón tamén desprazamentos de maior distancia aproveitando itinerarios específicos e máis seguros.
A conexión entre o núcleo urbano e Razo permite ademais poñer en valor unha rede que busca facilitar unha relación diferente entre Carballo, as parroquias e a costa a través da mobilidade activa.



O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.