A accesibilidade universal será a protagonista da Semana Europea da Mobilidade o venres 18 de setembro.
A Praza do Concello acollerá ás 18.00 horas un circuíto de bicicletas adaptadas, organizado pola Asociación Íntegro en colaboración coa Fundación ENKI.
A actividade será de participación libre e ofrecerá a oportunidade de coñecer e probar solucións de mobilidade adaptadas a diferentes capacidades.
A xornada pretende visibilizar que unha mobilidade verdadeiramente sostible debe ser tamén accesible e permitir que todas as persoas poidan participar en igualdade de condicións.



O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.