A xornada do luns 14 de setembro completarase ás 20.00 horas cunha ruta urbana en bicicleta, con saída tamén desde a Praza do Concello e aberta a participantes a partir de 8 anos. O percorrido pasará por distintos barrios da vila e permitirá trasladar á rúa, nunha actividade acompañada, os coñecementos relacionados coa circulación segura.
A iniciativa parte da idea de que fomentar o uso da bicicleta como medio habitual de mobilidade require tamén ofrecer ferramentas para que as persoas usuarias coñezan como deben compartir o espazo público con peóns e vehículos.
A actividade intégrase así nun dos eixos principais da Semana Europea da Mobilidade en Carballo: avanzar cara a unha mobilidade máis sostible, pero tamén máis segura e respectuosa entre todos os modos de desprazamento.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.