A seguridade viaria será a protagonista da programación da Semana Europea da Mobilidade o luns 14 de setembro, cunha dobre proposta dirixida a fomentar hábitos de circulación seguros desde as primeiras idades e tamén entre o público familiar.
Entre as 17.00 e as 20.00 horas, a Praza do Concello acollerá un circuíto infantil de seguridade viaria coordinado polo Club Ciclista Carballo e a Policía Local. Os nenos e nenas poderán participar coa súa bicicleta ou patinete e practicar nun contorno controlado cuestións básicas relacionadas coa convivencia no espazo urbano.
Actividade dirixida a rapazada de todas as idades.
Acceso libre.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.