A web oficial do concello de Carballo

Semana da Mobilidade: andaina pola Ruta dos Muíños do Pan

15/09/2026
17:30
A Ponte de Bértoa

A Semana Europea da Mobilidade continúa o martes 15 de setembro cunha proposta para coñecer Carballo a pé.

A asociación ambiental Senda Nova guiará unha andaina pola Ruta dos Muíños do Pan, centrada no treito menos urbano deste itinerario.

A saída será ás 17.30 horas desde a Ponte de Bértoa. A actividade pretende fomentar os desprazamentos a pé ao tempo que se dá a coñecer o patrimonio natural e etnográfico do municipio.

A participación require inscrición previa no formulario inferior.

Non hai campos definidos para este produto.