Convocatoria e bases do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Técnico/a de administración xeral, Escala de administración xeral, Subescala Técnica, Grupo A, subgrupo A2, en calquera das circunstancias descritas no artigo 10 do EBEP e no artigo 23 da LEPG.
Publicación da Listaxe de agarda de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de traballo de Técnico/a de xestión, Escala de Administración Xeral (Grupo A, Subgrupo A2).
Esta listaxe terá unha vixencia de tres (3) anos, a computar dende o día seguinte a súa aprobación definitiva, sen prexuízo de que se poidan realizar novas convocatorias antes da finalización da vixencia desta por necesidades de persoal. Así mesmo, a vixencia poderá ser prorrogada por acordo da Alcaldía.
A xestión da listaxe será segundo ao indicado na Instrución vixente.