A web oficial do concello de Carballo

Entrecruces

12,41 Km2

734 habitantes (2024)

Centro social de Entrecruces

Souto Piñeiro, s/n
15109 - Carballo

A Entrecruces podes chegar dende a estrada que vai de Carballo a Santiago. A parroquia está cruzada pola Depresión Meridiana, fondeira que atravesa Galicia ao longo de 130 quilómetros, dende Razo até Tui, e dá lugar á Alta e a Baixa de Entrecruces.

Sobre esta falla, que é un dos máis importantes accidentes xeográficos galegos, salta a férveda de Entrecruces, un dos fenómenos naturais máis fermosos do concello.

O camiño que conduce á férveda dende San Paio, transcorre á beira do río, entre loureiros, salgueiros, ameneiros e variada vexetación de ribeira. Poderás encontrar varios muíños restaurados e unha central hidroeléctrica que data do ano 1915, a primeira en abastecer de enerxía eléctrica a vila de Carballo. E xa que estás por estes lares, has de visitar a capela de San Paio, das máis antigas do concello, e sorprenderte coa súa bóveda gótica de cruzaría. Todos os 15 de xaneiro se celebra nela unha concorrida romaría. 

A igrexa parroquial de Entrecruces é a de San Xens, do século XVII, con tres retablos barrocos no seu interior. Está situada, como a de Rus, nun lugar elevado, a media ladeira. Fermoso é o cruceiro que atoparás á súa beira, cunha cruz circular leñosa erguida sobre querubíns.

Novas relacionadas coa parroquia