Carballo dedica a segunda edición das xornadas “Vivan as do meu lugar” ao vestiario tradicional galego

Carballo celebra o sábado 14 de novembro dentro do marco do Novembro con Música a segunda edición das xornadas Vivan as do meu lugar. Este encontro naceu en 2025 no marco do Programa das Letras que estivo dedicado á poesía popular oral. Xurdiu coma un espazo de encontro e colaboración coas asociacións e agrupacións de […]
Xa temos os grupos gañadores do XXV Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”

O Festival Internacional Outono de Teatro, o FIOT, acolleu o domingo 8 de novembro a gala final do Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”, que neste 2026 celebrou o seu 25 aniversario. O acto estivo presentado por Tone Martínez e Alba Bermúdez, de Galeatro. Precisamente, a actriz carballesa participou co grupo Vagalume cando […]