A píllara de Razo volve ao seu niño cunha nova pel de madeira

A píllara das dunas volve estar en Razo. A emblemática escultura creada polo artesán carballés Fabián Lage regresou hoxe ao seu lugar habitual totalmente renovada e cunha importante novidade: o vimbio que caracterizaba a peza orixinal deixa paso á madeira, un material máis resistente co que se pretende garantir unha maior durabilidade da obra fronte ás esixentes condicións […]
O mercado municipal de Carballo pecha a programación de verán cunha cata de cafés e xa prepara novas actividades para setembro e outubro

O mercado municipal de Carballo acolle este venres 21 á última cita da súa programación especial de verán cunha cata de Cafés Delta, que se celebrará a partir das 11.00 horas na planta alta. A participación será gratuíta e aberta a todo o público ata completar a capacidade. A actividade forma parte das experiencias de […]
Maite Márquez Caneda xubílase despois de 42 anos ao servizo da veciñanza como funcionaria do Concello de Carballo

Hai despedidas que transcenden o trámite administrativo para converterse en actos de puro afecto. A de Maite Márquez Caneda foi unha delas. Despois de 42 anos como funcionaria do Concello de Carballo, este martes asinou a súa xubilación na Alcaldía rodeada de compañeiros e compañeiras, membros do goberno municipal, familiares e persoas moi próximas que […]