Carballo sitúase no mapa europeo da innovación co proxecto TALK0 na xuntanza de beneficiarios das accións Marie Curie en Bruxelas

O Concello de Carballo segue a consolidar a súa proxección internacional e o seu compromiso coa democratización do coñecemento. O concelleiro de Innovación, Iván Andrade, participou hoxe en Bruxelas no Beneficiaries Day das accións HORIZON-MSCA-CITIZENS-2025, unha xuntanza clave que reuniu ás entidades europeas beneficiarias deste prestixioso programa da Comisión Europea, no que Carballo participa co […]
O Concello convoca, de novo coa colaboración do Colexio de Arquitectos, un concurso de proxectos para o deseño do novo edificio cultural

Carballo dá un paso estratéxico para consolidar a súa posición como referente cultural da comarca e de Galicia coa convocatoria do concurso público de proxectos para a construción do novo edificio de equipamento cultural, que se situará nunha parcela municipal da zona da estrada de Razo e que estará centrado fundamentalmente na música e nas […]
A UDC analizará en Carballo a memoria democrática e os retos da normalización lingüística no XIX curso de verán “Traballando en lingua”

Carballo volverá ser a sede de referencia para o deseño e a análise das políticas de futuro do idioma coa celebración do XIX Curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en Lingua, que este ano leva por título Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización. Esta décimo novena edición, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística da […]
O artista Álvaro Corral Cid inicia a súa “Residencia Paraíso 2026” no Pazo da Cultura de Carballo

O artista e investigador Álvaro Corral Cid inicia este mércores,1 de xullo, en Carballo, a súa andaina na décima edición das Residencias Paraíso. As Residencias Paraíso son un programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. O Pazo da Cultura acolle, até o […]
Nova edición do programa “Eu quero Razo-Baldaio”, cunha trintena de actividades para promover o turismo consciente e a ciencia

O Concello de Carballo pon en marcha un ano máis o proxecto de concienciación ambiental e turismo consciente Eu quero Razo-Baldaio. Tras a boa acollida recibida nas edicións anteriores, as concellarías de Medio Ambiente e Innovación, en colaboración con diversas entidades científicas e ecoloxistas, deseñaron unha completa programación que se desenvolverá ao longo de todo […]