Carballo reforza o seu tecido empresarial e comercial cun investimento estratéxico de 75.000 euros

O Concello de Carballo deu hoxe un paso máis na súa estratexia de dinamización económica, captación de investimentos e apoio directo ao asociacionismo empresarial coa aprobación de dúas importantes liñas de financiamento na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. En total, mobilízanse 75.000 euros destinados a impulsar o comercio local, a retención de talento […]
Máis de 700 persoas participan este curso no programa de exercicio físico para maiores de 65 anos, que toca á súa fin esta semana

O programa de exercicio físico para maiores, promovido polas concellarías de Terceira Idade e Deportes, encara a súa semana de clausura tras varios meses de intensa actividade orientada a promover o envellecemento activo, a saúde e a autonomía das persoas de máis idade. Cun balance moi positivo en todo o concello, no que máis de […]
Arte, música tradicional e tamén de vangarda con Su Garrido: tres citas esta semana como antesala do San Xoán

Aínda que a Semana Grande do San Xoán comeza o 22 de xuño, a partir do xoves 18 a Concellaría de Cultura propón tres citas para ir adiantando as festas: dirixidas para todos os públicos e con acceso libre e gratuíto. Arte, música tradicional ou música de vangarda encherán o Pazo da Cultura e a […]
Carballo une investigación, praia e bares no novo programa de divulgación Sol x Ciencia

Tras o éxito do festival Pint of Science, o Concello de Carballo dá un paso máis este verán e traslada o coñecemento directamente ás praias. Baixo o título Sol x Ciencia, a Concellaría de Innovación presenta un ciclo de divulgación que fusiona o encanto dos solpores carballeses coa divulgación científica de primeiro nivel, tomando como […]