Daniel Pérez recibe a Antonio García de Seárez nun entrañable encontro sobre a pegada carballesa no Uruguai

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, acompañado por varios membros do goberno local, recibiu hoxe a Antonio García de Seárez, Toni de Seárez, activista e comunicador que leva máis de 45 anos sendo a voz de Bergantiños no Uruguai. A xuntanza foi un espazo para reflexionar sobre a emigración, a identidade e a pegada que […]
Carballo convértese no epicentro do hóckey a patíns galego coa final a catro na categoría alevín

O pavillón Carballo Calero prepárase para vivir unha das citas máis emocionantes do calendario de base. Esta fin de semana, 18 e 19 de abril, o club Escola Lubiáns exercerá de anfitrión na Final a Catro Alevín, na que se decidirá o novo campión da Liga Ouro Galega. O evento foi presentado hoxe na casa […]
Carballo convértese no epicentro do ciclismo coa saída da terceira etapa da proba ciclista “O Gran Camiño”

O Concello de Carballo prepárase para ser sede dunha das citas máis importantes do calendario deportivo galego: a terceira etapa da proba ciclista profesional O Gran Camiño. O evento, que terá lugar o xoves 16 de abril, converterá o centro urbano nun escaparate do ciclismo de alto nivel coa saída oficial da xornada. A etapa […]