12,05 Km2
978 habitantes (2024)
A parroquia de Verdillo esténdese ao longo da estrada que a cruza e que, en tempos pasados, foi o camiño real que unía A Coruña con Fisterra. Era a principal vía de comunicación coa cidade herculina até que a vila de Carballo comezou a medrar en sona debido ao seu balneario de augas termais, e se construíu unha nova estrada, a actual, que se fixo pasar polo centro da vila.
Verdillo é un terreo chan e verde, como o seu propio topónimo semella indicar. É unha parroquia densamente poboada, debido á súa proximidade con Carballo.
Da forza do seu movemento veciñal e asociativo dá conta o seu amplo centro social, que se ergue preto da igrexa de San Lourenzo.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.