22,57 Km2
1.367 habitantes (2024)
Na estrada que vai de Carballo a Ordes atoparemos a parroquia de Sofán, na conca do Rosende. Sofán é unha das parroquias máis grandes e poboadas do concello. A historia pasou como “Sofán das Mártires”, debido a un sanguento episodio de principios do século XX no que varias mulleres morreron a mans da garda civil.
Á beira da ampla igrexa parroquial, que combina o estilo barroco co neoclásico, veredes un pequeno xardín que, en realidade agocha os restos dun antigo cemiterio. Aló polo 1919, a “gripe española” segoulle a vida a moitas das veciñas e veciños da parroquia.
O cemiterio quedou pequeno e as autoridades intentárono clausurar, en contra do parecer dos parroquianos. Pretenderon obrigar pola forza a facer os enterramentos nun cemiterio de nova construción e o conflito estalou no enterramento dun meniño.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.