Dende a Concellaría de Innovación, Formación e Emprego apostamos por unha formación de calidade, tanto na execución dos certificados de profesionalidade coma nos obradoiros que se desenvolven nas instalacións do Centro Municipal de Formación – Fórum Carballo.
Como consecuencia dese compromiso vimos de implantar un sistema de xestión de calidade que nos permite dar unha resposta axeitada á demanda do noso alumnado, así coma de calquera outro sector (Administracións, traballadores/as, provedores/as…).
O obxectivo deste novo sistema é coñecer as inquedanzas de todas as persoas que participan nas accións formativas que se desenvolven no Fórum Carballo e ofrecer unha resposta axeitada que nos permita mellorar de xeito continuo na prestación do servizo mediante o cumprimento dos seguintes criterios:
Establecemento de obxectivos de mellora
Cumprimento dos requisitos de aplicación
Seguimento e medición de datos
Análise de satisfacción do alumnado
Resposta ás expectativas e necesidades
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.