#CCF-Venres Culturais | Porque nunca e sabe. Carlos Blanco bota A penúltima. Porque o tempo pasa e… Carlos chega agora con imaxes, con historias novas e vellas pero sempre coas risas aseguradas. Setenta minutos con Carlos son sempre breves, divertidos, curandeiros… Imprescindibles. A Penúltima chega este ano e xa veremos despois o que pasa. Carlos Blanco é un mestre do humor que combina enxeño, observación e unha notable capacidade para conectar co público. Cun estilo único, a súa comedia xira arredor da vida cotiá, costumes e situacións coas que todos podemos identificarnos. Xa sexa no escenario, na televisión ou nos seus monólogos, o seu talento garante calidade e entretenemento.
ENTRADAS: BILLETEIRA do Concello
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.