A web oficial do concello de Carballo

Saída de campo para identificar e recoller herbas de San Xoán

04/06/2026
17:00
Mercado municipal

A programación infantil da Semana do Medio Ambiente viaxa este xoves, 4 de xuño, cara ás nosas tradicións.

Ás 17.00 horas, con saída desde o mercado municipal, o Grupo Naturalista Hábitat guiará unha sesión divulgativa e unha saída de campo para aprender a identificar as herbas de San Xoán.

Esta actividade constitúe unha xornada de botánica aplicada e etnobotánica, a disciplina científica que estuda a relación entre os seres humanos e o reino vexetal. As persoas participantes aprenderán a identificar e clasificar as diferentes especies a través da observación morfolóxica das súas follas, flores e aromas. Ademais, guiada polos expertos do Grupo Naturalista Hábitat , esta proposta pon o foco na ecoloxía e na sustentabilidade, xa que aprenderemos a recoñecer os hábitats locais e a realizar unha recolleita respectuosa que garanta a conservación da biodiversidade e do patrimonio natural de Carballo.

  • Duración aproximada: 3 horas
  • Público destinatario: nenos/as a partir de 10 anos e público adulto
  • Prazas limitadas
  • Inscricións no formulario inferior (unha inscrición por persoa)

 

A actividade forma parte do Proxecto Talento quilómetro cero (TALK0).

No caso de non poder asistir pode comunicarse por Whatsapp ao 604 072 887.

25 dispoñibles

Non hai campos definidos para este produto.