#34 FIOT | Cada canción é unha homenaxe á festa, á identidade galega e ao bo humor. Composicións orixinais e tamén versións en galego de clásicos do rock, do punk e do pop, nas que as letras soan ao día a día, a retranca e a risa; instrumentos feitos por eles mesmos (si, hai un porco que soa, e soa ben); un vestiario sorprendente,… Un concerto onde o público canta, berra, baila e rí.
Estes mestres da música galega irreverente, José de Betty, Raúl G. Doldán, Ramón Reymundez e Daniel Lema, apareceron no entroido de 2013, aquí ao lado, en Baio e desde aquela non deixaron de medrar… en número, en volume, en seguidores e en carraxe festiva.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.