A web oficial do concello de Carballo

Rúa dos Contos: “Feitizo” con Ález Louzao

26/09/2025
21:00
Café Colón

#34 FIOT | Un dente de león a voar, un neno que corre a tocar un arco da vella, un amor fugaz nun tren, un pensamento que se transforma en chamada… Iso é Feitizo. E tamén é este espectáculo do mago Álex, que mestura maxia de salón e de preto, humor, poesía, participación, interacción co público e retranca galega nun cóctel que che vai deixar coa boca aberta e o corazón quentiño. Un poema coa maxia en verso e a trampa asonante. Non é só maxia. É unha invitación a mirar o mundo co mesmo abraio que cando eramos cativos. É humor que agroma suave, xestos pequenos que fan cousas grandes e un artista que, cun sorriso de lado, xoga a ser ilusionista, poeta e pícaro todo ao mesmo tempo.

Álex Louzao é un ilusionista profesional  e artista carballés atrapado pola maxia desde neno que durante a súa carreira artística obtivo o Premio Internacional de Maxia de Portugal e percorreu os escenarios de toda a península na súa busca pola fascinación. Durante 60 minutos, o público será cómplice de imposibles que se fan realidade: cartas que obedecen, obxectos que aparecen, o azar domesticado e a sorte invocada entre risas. Todo a poucos metros, todo moi de preto, para non perder detalle… nin truco. Conseguiremos enganar ao tempo? Manipular o destino? Facer o imposible? Depende… de ti, e do feitizo.

  • Venres 26 de setembro
  • 21.00 h.
  • Café Colón
  • Entrada: 5 €
  • Todos os públicos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.