A ratiña Faifá sabe desde cando e porqué se celebra o Nadal no mundo. Percorreu moitos países e coñece diferentes xeitos de celebración e os personaxes que, en cada lugar, levan agasallos ás nenas e nenos! Así que nesta ocasión vén á Biblioteca Rego da Balsa para contarche O que non sabías do Nadal.
Contos:
Contacontos teatral para nenas e nenos de 4 a 8 anos con acompañante. Permítese máximo unha persoa adulta por grupo de nenas/os para favorecer que o público sexa maioritariamente infantil e que máis menores poidan desfrutar da actividade.
Para asistir é preciso inscribirse previamente, cubrindo o formulario que atoparás de seguido. Selecciona o número de prazas e tamén o horario preferente. E se finalmente non podes asistir deberás comunicalo chamando ao 981 758 580.
NOTA: A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.