A Concellaría de Promoción Económica e Turismo pon en marcha o programa C4S Carballo pola Sostibilidade, unha proposta destinada ao sector turístico que ten como finalidade promover un turismo con impacto positivo.
Únete ao evento de presentación C4S: Turismo de impacto positivo e descubre como a sostibilidade pode transformar o turismo do territorio e impulsar os negocios locais do sector. Un encontro aberto no que contaremos coa experiencia en primeira persoa dunha empresa referente na integración da sostibilidade e daremos a coñecer os detalles do Programa de impulso á sostibilidade no turismo C4S de formación e mentorización para empresas turísticas da vila.
Achégate o xoves 25 de setembro á Sala Cervantes do mercado municipal (acceso pola rúa Cervantes)
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.