O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo pon en marcha este venres 23 unha nova edición, e xa van seis, da campaña Que rule, que rule!, coa entrega de vales por cada compra realizada nos establecementos asociados para participar na gran ruleta de premios, que terá lugar o sábado 7 de xuño na Praza do Concello. Ata ese día, todas as persoas que merquen en calquera dos 56 comercios participantes recibirán un boleto por compra grampado ao ticket, co que poderán probar sorte nunha ruleta chea de agasallos.
Cada vale garantizará unha tirada na ruleta, que estará situada na Praza do Concello o sábado 7 en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Tal como figura nas bases do evento, por motivos organizativos, non se permitirán máis de 3 tiradas consecutivas.
Entre os premios haberá regalos directos, experiencias (ceas, almorzos, sesións de piscina termal, clases de surf ou pádel, limpezas bucais así como produtos gourmet, doces, xeados artesáns, café, chocolate, vales de compra ou artigos para mascotas). Ademais, todos os boletos non premiados entrarán nun sorteo final de cinco cheques de 100 euros cada un, para consumir nalgún dos preto de cen establecementos asociados ao CCA Carballo.
Esta campaña conta co apoio da Fundación Luis Calvo, o Concello de Carballo (a través da concellaría de Promoción Económica e Turismo), a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
A Saia da Carolina Store, Akira, Aloe Herboristería, Atelier, Atmósfera Sport, Avanty Publicidad, BeCool, Benetton, Buy&Sell, Calvelo Regalo, Calzados Susa, Cenor Carballo, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip Carballo, Doces Soños, donClip.es, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Federópticos Nicolás, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, Informática Valem, Jorge Moda, Xoiería Calvelo Seoane, Xoiería Rafa Vila, La Casita de Lu, Lencería Mª José, Libraría Clarión, Madeixalazos, Maker Store by Allnet, Maluca Lobe, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Necos, O Barco dos Soños, Opticalia Enríquez, Oro Express, Peluquería Beni, Purificación Lema Centro de Estética, Refugallo Zero, Retoños, Teirón, Teirón Muller, Teirón Nenos, Todo Lar, Upa! Espazo Barefoot, Vessali Xoiería, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.