A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación dinámica do libro infantil “O misterio dos gatos rosas”

11/07/2026
12:00
Xardín Municipal

PLIC! | Nova cita para público infantil na Praza dos Libros, desta volta coa presentación dinámica sobre o libro O misterio dos gatos rosas. A súa autora, Marta Villar (Malpica), é xornalista e escritora. Desenvolveu a súa traxectoria profesional na prensa escrita e foi recoñecida co Premio Tiflos de Xornalismo, ademais de resultar finalista en diversos certames literarios. En 2024 gañou o Premio Xerais de Novela con Detective Ferruchi. Na súa obra combina humor, intriga e unha ollada sensible ás relacións humanas, tanto na narrativa para persoas adultas como na literatura infantil.

O misterio dos gatos rosas é unha divertida aventura protagonizada por Sil, Alba e os inseparables cans Sultán e Coco, que deberán descubrir por que os gatos da vila comezan a poñerse rosas e a desaparecer coma pantasmas. Unha historia chea de humor, amizade, maxia e un chisco de ciencia ficción que convida a investigar, imaxinar e vivir unha inesquecible aventura. Os nenos e nenas poderán descubrir esta historia da man da propia autora, dun xeito dinámico e divertido. O libro está recomendado para maiores de 9 anos.

Non hai campos definidos para este produto.