A web oficial do concello de Carballo

PLIC! | Presentación de “Eu voun navegar” de Farruco Graña

11/07/2026
21:00
Xardín Municipal

PLIC! | Farruco Graña (Carballo) é escritor, profesor de Filosofía e articulista. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolve unha intensa actividade como divulgador e colaborador en distintos medios de comunicación. A súa obra está profundamente vinculada á memoria, á paisaxe e á cultura galega, cunha especial atención á tradición oral e ao patrimonio de Bergantiños e da Mariña.

Presenta Eu voun navegar. (Relatos dunha noite de verán) que reúne unha colección de relatos ambientados no Courel, Bergantiños, A Mariña lucense e a comarca do Eo. A través da memoria, da paisaxe e da tradición oral, Graña constrúe unha viaxe literaria na que natureza, identidade e cultura se entrelazan para reivindicar a importancia da lingua e do territorio como parte esencial da nosa forma de entender o mundo. A obra está ilustrada por Mon Lendoiro.

  • Farruco Graña estará acompañado por Xan Fraga.

Non hai campos definidos para este produto.