O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo ten en marcha unha nova edición da campaña Que rule, que rule!, unha das iniciativas máis agardadas da primavera e coa que, un ano máis, se busca premiar a fidelidade da clientela e incentivar as compras no comercio local.
A campaña, que alcanza xa a súa sétima edición, desenvolverase ata o sábado 6 de xuño. Durante estas semanas, todas as persoas que realicen compras nos 61 establecementos participantes recibirán un boleto por compra —grampado ao ticket ou selado— co que poderán participar na gran ruleta de premios instalada na Praza do Concello.
A xornada central da campaña celebrarase precisamente o primeiro sábado do mes de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00, cunha ruleta que repartirá máis premios ca nunca, máis de 1500 agasallos directos entre as persoas participantes. Tal e como recollen as bases da campaña, e por motivos organizativos, non se permitirán máis de tres tiradas consecutivas por persoa.

Entre os premios haberá experiencias e regalos de todo tipo: ceas, almorzos, sesións de piscina termal, clases de surf, aloxamento e almorzo no Glamping Nature, limpezas bucais, produtos gourmet, parasois, set de pas, doces, xeados artesáns, chocolate, artigos para mascotas, vales de compra e moitas outras sorpresas, entre outras a que tamén agochará a propia ruleta.
Ademais, todos os boletos que non resulten premiados participarán automaticamente no sorteo final de catro cheques de 100 euros cada un para consumir nos preto de cen establecementos asociados ao CCA Carballo. A campaña conta coa colaboración de 96 empresas locais e co apoio da Fundación Luis Calvo, o Concello de Carballo —a través da Concellería de Promoción Económica e Turismo—, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
Representantes da entidade presentaron a actividade na Praza do Concello xunto ao alcalde de Carballo, Daniel Pérez, o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela e a técnica responsable da Oficina de Promoción Económica e Turismo, Paula Lema.
Comercios participantes
A Fragua, A Saia de Carolina, Adega O’Lagar, Akira Moda, Aloe Herboristeria, Anxaima, Atelier, Atmosfera Sport, Avanty Publicidade, BeCool, Benetton, Buy&Sell, Calzados Susa, Cenor, Centro de Estética Purificación Lema, Clarión libraría, Cristina Morgade, Comercial Queijo, Confitería San Luis, D&A Complementos, Dequip Carballo, Doce Soños, donClip.es, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Ferretería Arán, Floreria Taibo, Florida Centro Joya, Informatica Valem, Jorge Moda, Joyerias Rafa Vila, La Casita de Lu, Lencería-Mercería Mª Jose, Lenda, Madeixalazos, Maker Store by AllKnow, MaloSerá Carballo, Maluca Lobe, MisterNutrición, Moda Súarez, Muebles Fuentes, Multiópticas, Mmmm! Xeados, O Barco dos Soños, Óptica Enriquez, Orange Carballo, Refugallo Zero, Restaurante-Parrillada A Lareira, Retoños, Sweet Spirit, Teirón home, Teirón muller, Teirón neno/a, Teiron surf, Todo Lar, upa! Espazo barefoot, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel, Zocas e Zuccaro
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.