Verán Cultural | Como cada verán, o cinema ao aire libre forma parte importante da programación cultural de Carballo. Neste caso, co ciclo Noites de cine que inclúe proxeccións de películas os mércores e xoves en diferentes espazos do concello, tanto no casco urbano coma nas parroquias.
Alejandra Jiménez, Luis Rellán ou María Adánez son os protagonistas de Menudas piezas. Candela cometeu o erro de pensar que a escala social só funciona nunha dirección: cara arriba. E agora, tras un divorcio traumático e inesperado, perde o seu traballo nunha escola de elite. Por iso, ten que regresar ao barrio que deixou e pedir axuda á súa irmá e ao seu pai, a xente que leva anos menosprezando.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.