A web oficial do concello de Carballo

M2: “Alicia wants to” de Bengala Teatro Físico

25/10/2025
12:00
Coworking Sol Espazo Artístico

#34 FIOT | ESTREA ABSOLUTA

Alicia ten 15 anos, problemas coas drogas e acaba de ser expulsada dun centro de menores. Juana, súa nai, loita por mantelas a flote nun sistema que xa as puxo fóra do taboleiro. Esta peza interroga ao público: Que farías ti, no seu lugar? “Alicia Wants To” é unha historia de exclusión, violencia institucional e resistencia. Inspirada en casos reais, nun clásico literario, no cinema e en múltiples investigacións, a obra propón unha reflexión profunda sobre a xustiza patriarcal, a marxinación e a (im)posibilidade de escolla nunha sociedade desigual.

Constrúese como unha partida de xadrez: Alicia non ten todas as pezas. Non parte do mesmo lugar. O público decide os movementos. Cada función é distinta, cada final, tamén. Unha proposta escénica contemporánea, creada especificamente para este formato, cunha dramaturxia completa e autónoma.

  • Sábado 25 de outubro
  • 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h.
  • Coworking Sol Espazo artístico (Rúa Sol, nº 46)
  • Entrada de balde
  • Capacidade: 15 persoas
  • Duración: 15 minutos
  • Todos os públicos (+ de 12 anos)

Non hai campos definidos para este produto.