A web oficial do concello de Carballo

I Torneo de Fútbol 7 SD Oza

Do 20/06/2026 ata o 21/06/2026
09:30
Campo de fútbol O Carral-Sofán

O campo municipal de fútbol de O Carral, en Sofán, acolle a primeira edición da Oza Cup (organizada pola SD Oza), coincidindo coa celebración do San Xoán. O evento conta coas seguintes categorías: Cadete e Xuvenil. Haberá ata 16 equipos e máis de 150 xogadores competindo cada día, incluíndo clubs como o Rosalía Mera. Terá lugar de 9.30 a 20.30 horas sen interrupción. Ademais, haberá sorteos ao longo do día, un posto de refrescos (bocadillos e bebidas) e ambiente familiar.

  • Organiza: SD Oza
  • Colabora: Concello de Carballo

Non hai campos definidos para este produto.