O Curruncho Pop comezará coa presentación do libro Caballos salvajes. Gram Parsons (1968-1973), de Jordi Puyol Nadal.
Un dos currunchos do ano pasado estivo dedicado a The Byrds, unha banda pola que pasou Gram Parsons. Posteriormente editouse o libro que presentaremos o 21 de febreiro, e tendo en conta o que supuxo no seu momento este músico no nacemento do chamado country rock, decidimos dedicarlle un curruncho e recuperar a OS BIRDIÑOS. Pablo Leira, Ramón Saleta, Joki, Marcos Montoto e Gabrulo refórzanse para vir a Carballo con Ismael Cabaleiro (Malabesta) ao violín e Lucía Pernas interpretando a Emylou Harris, compañeira de Parsons.
Entrada libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.