#35 FIOT | ESTREA ABSOLUTA
Esta proposta rexoubeira fai un percorrido polas disidencias sexuais en Galicia ao longo do tempo. A través da narración oral e das historias de vida, a actriz e narradora de longa traxectoria Atenea García convida a visitar esas marxes que poucas veces ocuparon o centro dos relatos. Cun humor afiado e moita retranca, o espectáculo cuestiona algúns dos grandes mitos arredor da diversidade sexual: desde a idea de que é algo recente ata a crenza de que o rural foi sempre un espazo máis hostil ca a cidade.
Un monólogo para revisar o pasado, desmontar tópicos e lembrar que a historia tamén se escribe desde as marxes. Vide as que sodes ben dadas!
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.