#34 FIOT | O Xograr de Outono é un nomeamento honorífico co que o Festival Internacional Outono de Teatro recoñece a unha persoa ou entidade que destaca pola súa traxectoria na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia. A elección da galardoada correspóndelle aos anteriores Xograres de Outono e á Asociación Cultural Telón e Aparte.
A nova xograresa que ingresa na comunidade de xograres do FIOT é unha das representantes da dinámica nova xeración das artes escénicas galegas que están abrindo renovados camiños que os xograres e xograresas queren recoñecer, Areta Bolado. Areta Bolado é unha creadora moi versátil; actriz, dramaturga e directora cunha linguaxe contemporánea, irreverente e estimulante e cun pulso creativo que ten como valores fundamentais o feminismo e a inclusión, e, en especial, os dereitos do colectivo LGBTIQ+.
Neste 2025, como un mostra máis da aposta do FIOT pola raíz, pola converxencia entre diferentes artes e o compromiso co talento emerxente e local e manifestacións propias como a olería, a Asociación Cultural Telón e Aparte encargoulle o deseño do novo premio da Xograresa de Outono e do Premio do Público á artesá carballesa María Barca, formada en Belas Artes e impulsora do espazo Crúa en Carballo.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.