A web oficial do concello de Carballo

A xincana de elfos, primeira actividade de Nadal do 2026

02/01/2026
17:00
Carpa de Nadal

Na primeira actividade de Nadal do 2026 convidamos a toda a rapazada a sacar á rúa as súas bicicletas e patinetes para participar nunha divertidísima xincana de elfos. Despois da boa acollida que tivo o ano pasado, repetimos a actividade organizada pola Concellaría de Mobilidade, pero con novidades. Toma nota!

  • Ás 17.00 horas, na carpa da Praza do Concello, empezará a xincana de elfos. Deberás superar os obstáculos e realizar as probas que che poñeremos ao longo do circuíto para conseguir o agasallo final. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de todas as idades, pero é imprescindible que utilicen un triciclo, unha bicicleta ou un patinete para realizala. E tamén poden vir disfrazados de elfos!
  • Ás 18.00 horas, no mesmo espazo, comezará o espectáculo A xogar cos trasnos do Nadal, que inclúe música, xogos participativos, globos e moitísima animación. Non o perdades!

A participación é libre e de balde.

Non hai campos definidos para este produto.