A web oficial do concello de Carballo

A Feira das Oportunidades do CCA acada a maioría de idade

Do 06/03/2026 ata o 08/03/2026
Horario Adaptado
Zona Rego da Balsa

A Feira das Oportunidades de Carballo celebra a súa 18ª edición consolidada como un dos grandes escaparates do comercio local. Durante tres días, 30 stands ofrecerán produtos de calidade a prezos moi competitivos nun espazo de máis de 1.500 metros cadrados.

No interior da carpa participarán 27 establecementos comerciais e habilitarase unha zona infantil con actividades durante toda a fin de semana. No exterior, tres concesionarios locais exhibirán 41 vehículos de ocasión e KM0.

O sábado 7 haberá talleres infantís gratuítos (globoflexia, pintacaras e animación), e o domingo 8 celebrarase a IV Pequefeira (con inscrición previa en info@ccacarballo.com).

Unha cita imprescindible para apoiar o comercio de proximidade e aproveitar grandes oportunidades.

Comercios participantes

Interior da carpa
Akira; Anxaima Tempo para Quererte; Atelier; Atmósfera Sport; Benetton; Buy&Sell; Calzados Susa; DV Carballo; Federópticos Nicolás; La Casita de Lu; Madeixalazos; Maker Store by AllKNOW; Moda Suárez; Necos; O Barco dos Soños; Refugallo Zero; Son Artesana; Studio M. Muiño; Sweet Spirit; Upa! Espazo Barefoot; www.regalosypersonalizados.com; Xoguetería Merliño; Zocas e Zuccaro.

Zona exterior (automoción)
Grupo Dimolk (Peugeot-Nissan); Hyupersa Motor (Hyundai); Corgal Automóviles-Centauto (Kia-SWM).

Ademais, arredor dunha decena de establecementos sumaranse á campaña desde os seus propios locais: A Saia da Carolina; Comercial Queijo; Confecciones San Juan; D&A Complementos; Doces Soños; Ekaté; Emiliano Moda; Teirón; Zapatillería Isabel.

Non hai campos definidos para este produto.