O Parque do Anllóns acolle a partir das 18.30 horas un espectáculo para público familiar coa compañía DESASTRONAUTS, que presentan Circo expreso 2. Trátase dun dúo de circo contemporáneo formado no ano 2004 pola artista española Raquel Veganzones (Raquel Feroz) e o artista británico Girisho Gordon. Formados na escola The Circus Space de Londres, son coñecidos por combinar acrobacias de alto nivel, trapecio, sedas aéreas e humor. Teñen máis de dúas décadas de experiencia internacional, levando os seus espectáculos por todo o mundo.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.