Adxudicado a Aspaber o servizo de limpeza viaria por un importe anual superior ao medio millón de euros

PLENO ORDINARIO Carballo foi un concello pioneiro en Galicia ao apostar xa no ano 2007 por un contrato reservado a centros especiais de emprego A corporación municipal aprobou este luns a adxudicación do servizo de limpeza viaria a Aspaber por un importe anual de 555.865,57 euros e un prazo de dez anos. Precisamente, dado que […]
O POS+2024 inclúe 1,6 millóns de euros de investimento en obras para seguir mellorando os servizos na zona rural

O alcalde e o concelleiro de Obras presentaron a proposta que será debatida no pleno ordinario de xaneiro A corporación municipal xa leva celebrados dous plenos desde que empezou o ano, e os dous para adoptar acordos tan importantes como a aprobación do orzamento municipal ou a designación das persoas que formarán parte das mesas […]
Ampla participación na xornada de presentación do proxecto da primeira comunidade enerxética local

A actual capacidade fotovoltaica da zona urbana Carballo permitiría abastecer 19.400 vivendas O concelleiro de Innovación, Fondos Europeos, Formación, Emprego e Axenda Urbana, Iván Andrade, e o técnico da unidade de xestión enerxética da Deputación da Coruña, Xosé Manuel Golpe, presentaron no Fórum Carballo o estudo para a implantación dunha comunidade enerxética local, a primeira […]
A fase comarcal de campo a través reuniu este venres no noso concello a un milleiro de nenos e nenas

O Concello de Carballo organizou un curso máis, en colaboración co Servizo Provincial de Deportes da Coruña da Xunta de Galicia, a fase comarcal de campo a través, que se desenvolveu este venres 26 de xaneiro no polígono de Bértoa. Na proba participaron un milleiro de nenas e nenos de once centros de educación primaria: seis do […]
A mocidade carballesa segue “enregueifándose” cos obradoiros de Lupe Blanco e Josiño da Teixeira

ESTE VENRES, NOVA SESIÓN DA ESCOLA DE REGUEIFA Aberto o prazo para participar no Certame Enreguéifate 2024 A regueifa segue calando na sociedade carballesa grazas a iniciativas como a Escola da Regueifa do Concello de Carballo, que este venres 26 celebrará unha nova sesión aberta coa colaboración no mercado municipal; o certame Espalla Rimas, patrocinado […]
Rematadas as obras de pavimentación de rúas interiores nos lugares de Vivente (Ardaña) e Arnados (Razo)

O alcalde e os concelleiros de Servizos e Participación Veciñal realizaron un percorrido polas vías, executadas con fondos Agader O Concello de Carballo vén de rematar as obras de mellora de varias vías interiores nos lugares de Vivente (Ardaña) e Arnados (Razo), executadas pola empresa Vázquez y Reino cun orzamento de 101.336 euros. As actuacións, […]