Daniel Pérez acompañou ao delegado do Goberno na visita ás obras de seguridade e recuperación medioambiental en Razo

O alcalde, Daniel Pérez, acompañou esta mañá ao delegado e ao subdelegado do Goberno, Pedro Blanco e Julio Abalde, na visita ás obras de mellora da seguridade e recuperación medioambiental que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico está a executar na praia de Razo, cun investimento de 1,7 millóns de euros. […]
Máis de douscentos escolares carballeses participan nas visitas guiadas ao Xardín de Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía

O Concello de Carballo desenvolve os días 23 e 24 de febreiro un programa de visitas escolares guiadas ao Xardín de Rosalía, coincidindo coa celebración do Día de Rosalía e co obxectivo de achegar a figura e a obra de Rosalía de Castro ás novas xeracións. O Xardín de Rosalía, inaugurado no ano 2023, converteuse […]
Alingua aproba o seu Plan de Acción 2026 cunha aposta pola profesionalización e o relanzamento de Apego

A asociación de entidades locais pola lingua galega, Alingua, que preside o concelleiro carballés Ramón Varela, celebrou este xoves a súa asemblea ordinaria, na que quedaron definidas as liñas estratéxicas que marcarán o rumbo da entidade durante este ano. A concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, deu a benvida ás participantes ao noso concello, sede, […]
Só o 15% dos 1.073 cans e gatos recollidos polo servizo municipal de protección animal desde o ano 2012 estaban identificados con microchip

O servizo municipal de recollida e protección animal permitiu que 602 animais atopasen ou recuperasen un fogar no período comprendido entre novembro de 2012 (cando se puxo en marcha o servizo que presta Servigal) e decembro de 2025. Segundo os datos acumulados ao longo destes máis de trece anos, 356 animais foron adoptados e outros […]
A Deputación da Coruña realizará un investimento de case 1,3 millóns de euros na mellora da estrada da Pedra do Sal

O arranxo da estrada da Pedra do Sal, unha demanda permanente dos consellos parroquiais de Noicela-Rebordelos e Lema, está máis preto de ser unha realidade. Na xuntanza celebrada deste xoves no centro social de Imende, o concelleiro carballés e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, anunciou que a institución provincial vai destinar case 1,3 […]
O programa “De landras a carballos” volve ás Escolas do Xardín con actividades para nenos e nenas a partir de 5 anos e as súas familias

As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística presentan a nova edición do programa De landras a carballos, unha iniciativa pensada para reunir actividades culturais, educativas e lúdicas dirixidas ás familias e a infancia na fase entre os 5 e os 11 anos. O ciclo estenderase de febreiro a xuño, e desenvolverase nas Escolas do Xardín […]