O Concello de Carballo avanza na mellora das infraestruturas hidráulicas en Rus con dúas actuacións en abastecemento e saneamento

O Concello de Carballo continúa avanzando na mellora das infraestruturas hidráulicas da parroquia de Rus con dous proxectos destinados a reforzar tanto a rede de abastecemento de auga como o sistema de saneamento. Trátase de actuacións que permitirán mellorar a calidade dos servizos básicos e avanzar na protección ambiental do municipio. Visita ás obras de […]
A Xunta de Goberno Local aprobou a licenza para a demolición da antiga cámara agraria

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste luns a licenza urbanística para a demolición do edificio da antiga cámara agraria, situado na avenida da Milagrosa. A actuación está promovida pola Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia. O inmoble, construído arredor do ano 1958 e actualmente en desuso, consta de […]
As mensaxes da veciñanza converten o “Carballo da igualdade” no símbolo da celebración do 8M

O mercado municipal de Carballo acolleu este domingo o acto central da programación do Día Internacional das Mulleres, unha xornada aberta á participación da veciñanza que combinou reivindicación, actividades para todas as idades e música. A mañá comezou pouco despois do mediodía coa benvida regueifada de Lupe Blanco e coa lectura da declaración institucional do […]
Mulleres de Carballo descargan estrés cunha sesión de destructoterapia no parque empresarial de Bértoa

Un grupo de mulleres, entre as que figuraban as concelleiras Maica Ures e Maruxa Suárez, participaron esta mañá no parque empresarial de Bértoa nunha sesión de destructoterapia, unha proposta incluída na programación municipal arredor do 8 de marzo e centrada na saúde mental e na xestión das emocións. A actividade estivo guiada pola psicóloga Claudia […]
Máis de 1.000 persoas participan nas actividades formativas do programa “Remocea”, ás que se suma un taller de promoción das TIC para maiores de 60 anos

Máis de 1.000 persoas participan no programa Remocea, que inclúe as distintas actividades promovidas polo Concello de Carballo para os veciños e as veciñas maiores de 60 anos. Á escola de Informática, os cursos de manexo dos smartphones, os talleres de memoria, o programa de exercicio físico e os obradoiros de actividades lúdico-formativas sumouse hoxe […]
O Concello de Carballo avanza na ampliación da rúa Emilio González López, unha vía clave para o tráfico rodado no ámbito da Milagrosa

O Concello de Carballo continúa avanzando no proxecto de ampliación da rúa Emilio González López, unha pequena pero estratéxica vía duns 75 metros de lonxitude que conecta a rúa Cemiterio Vello coa avenida Compostela e serve de enlace entre o barrio da Milagrosa e as estradas cara a Santiago, Ordes e Fisterra. A pesar do […]