Toman posesión como funcionarios tres novos oficiais de emerxencias que se incorporan ao equipo de Protección Civil

Hoxe tomaron posesión como funcionarios de carreira os tres oficiais de emerxencias que superaron o proceso selectivo convocado polo Concello de Carballo. David Naya Rama, Hadrián Ponte Sande e Marcelo Oitavén Fernández incorpóranse ao equipo de Protección Civil, que deste xeito queda integrado por sete persoas. No acto de toma de posesión estiveron presentes o […]
Estudantes de 9 a 17 anos poderán mellorar as súas competencias dixitais en catro campamentos de verán. Últimas prazas!

Despois da boa acollida que tiveron o ano pasado, este verán duplicamos a oferta de campamentos dixitais en colaboración coa Fundación Esplai. Entre o 1 de xullo e o 31 de agosto desenvolveranse na Aula CeMIT catro campamentos do proxecto CRI-TIC, cuxo obxectivo é mellorar as competencias dixitais da rapazada carballesa. As prazas están limitadas […]
O Conservatorio Profesional de Música despide o ano lectivo cun mes de xuño cheo de actividade e inicia os preparativos para o curso que vén

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo ten preparada para o mes de xuño unha variada programación de audicións e concertos cos que pretende, por unha banda, poñer en valor o traballo diario do alumnado do centro, e, por outra, achegar a música a toda a veciñanza. Con esa finalidade, ao longo do […]
As cantareiras de Carballo protagonizarán o primeiro pregón coral das festas de San Xoán

O alcalde, Evencio Ferrero, foi o encargado de desvelar o segredo mellor gardado do San Xoán: as cantareiras de Carballo protagonizarán o primeiro pregón coral das nosas festas. Será o 19 de xuño, e servirá para poñer en valor, por unha banda, o traballo de conservación e transmisión da nosa cultura popular que veñen realizando […]
Remata o primeiro curso da Escola de informática para maiores de 60 anos tras oito meses de formación

A Escola de informática para maiores de 60 anos rematou o seu primeiro curso coa entrega de diplomas ás 38 persoas que completaron os oito meses de formación. O acto celebrouse esta mañá no salón de plenos, coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Innovación, Iván Andrade; a concelleira de Servizos Sociais, Maica […]
Rematadas as obras de pavimentación de camiños de uso agrario nas parroquias de Oza, Goiáns e Rus

O Concello de Carballo vén de rematar as obras de mellora de varios camiños de uso agrario nas parroquias de Oza, Goiáns e Rus. As actuacións, financiadas con 96.273 euros procedentes dos fondos Agader, inclúen tamén a elaboración dun estudo integral da rede viaria municipal. Na parroquia de Oza acometeuse a mellora de dous camiños, […]