A terceira proba do Campionato de España de Autocross reúne esta fin de semana en Carballo a 120 pilotos/as

Carballo acolle esta fin de semana a terceira proba do Campionato de España de Autocross, que bate o récord de participación da temporada con 120 pilotos/as inscritos/as nas seis categorías en liza. Hoxe presentamos a competición nun acto no que participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, ademais de Luis […]
Concedidas en catro anos máis de 400 axudas para subministración eléctrica a familias carballesas

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a convocatoria das axudas para subministración eléctrica, promovida pola Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade no ano 2021 para dar resposta ao encarecemento do prezo da luz e garantir o acceso de toda a poboación a un servizo básico como é a electricidade. Nestes catro anos […]
A Concellaría de Servizos Sociais pon a disposición das familias 280 prazas no programa Concilia

O Concello de Carballo abre do 10 de xullo ao 10 de agosto o prazo de solicitude do programa Concilia para o curso 2025-26. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, desde o ano 2006 a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade ofrece ás familias un servizo de recollida dos […]
Mil persoas utilizaron os servizos da “Caravana Morada” durante as festas de San Xoán

Un total de 1.050 persoas utilizaron os servizos da Caravana Morada que estivo situada na zona do Rego da Balsa entre o 20 e o 24 de xuño. O equipo profesional, integrado por unha psicóloga e unha axente de igualdade, destaca no seu balance “a elevada participación de adolescentes e a importancia do traballo en […]
O Concello de Carballo colabora coa xunta local da AECC na campaña estival de prevención do cancro de pel

O Concello de Carballo colabora coa xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) na campaña de prevención do cancro de pel que se leva a cabo durante o verán coa finalidade de inculcar na poboación hábitos saudables de exposición ao sol. A partir do día 15 de xullo estarán dispoñibles na bibliopraia de […]
O Concello de Carballo executa as obras de urbanización da parcela cedida á Xunta de Galicia para ampliar o centro de saúde

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Planificación, Juan Seoane, visitaron hoxe as obras de urbanización da parcela que albergará a ampliación do centro de saúde. Os traballos, que executa a empresa Gestal y López cun orzamento de 243.759 euros, consisten na apertura dunha nova vía que conectará a rúa Médico Mariño coa avenida […]