As obras na Cepeira completan os investimentos previstos por Augas de Galicia para reducir o risco de inundación en Carballo

Os concelleiros Luis Lamas, Daniel Pérez, Ramón Varela e Miguel Vales visitaron as obras que está a executar Augas de Galicia na zona da Cepeira, as últimas do plan de investimentos para reducir o risco de inundación nas beiras do Anllóns ao seu paso por Carballo. Os traballos, adxudicados á UTE formada por Vázquez y […]
A celebración das festas da parroquia, a mellor estrea da nova praza pública situada xunto á igrexa de Artes

A nova praza de Artes está lista para a estrea, que, como non podía ser doutro xeito, realizarase coincidindo coas festas grandes da parroquia, que este ano celebraranse os días 4 e 5 de agosto. O alcalde, Evencio Ferrero, o concelleiro Iván Andrade e a concelleira Maruxa Suárez realizaron unha visita ao novo espazo público. […]
Presentadas no primeiro semestre do ano solicitudes de licenza de obra para un total de 45 vivendas, 11 delas nun edificio de nova construción

O movemento no sector inmobiliario que empezou a reflectirse o ano pasado na actividade do departamento urbanístico continúa neste 2025. Se no primeiro trimestre do ano chegaron á Oficina Técnica Municipal solicitudes de licenza para 25 vivendas, no segundo sumáronse 20 máis, o que eleva a 45 o balance do semestre. Estes expedientes teñen a […]
Os alcaldes de Carballo e Coristanco visitan as obras do Obradoiro Lubiáns, primeira experiencia conxunta de formación para o emprego

Os alcaldes de Carballo e Coristanco, Evencio Ferrero e Juan García, visitaron as obras realizadas polo alumnado do Obradoiro Lubiáns, un obradoiro dual de emprego co que iniciamos unha enriquecedora e frutífera experiencia de colaboración entre os dous concellos co obxectivo de fomentar a formación para o emprego. Acompañados polo concelleiro de Formación e Emprego […]
A Praza dos Libros de Carballo pechou a súa 19ª edición cunha cifra excepcional de 2.500 libros vendidos, o 60% en galego

A Praza dos Libros de Carballo fai historia neste 2025 cunha cifra excepcional de 2.500 libros vendidos. Despois de recompilar os datos das enquisas aos libreiros e as libreiras, as valoracións dos autores e autoras participantes e as impresións do público, chegou o momento de compartir con vós o balance desta última plic!, unha iniciativa […]
O curso de verán Traballando en lingua con inmigrantes puxo de manifesto a importancia da inmersión lingüística para acadar a integración

Carballo foi escenario esta semana do curso de verán da Universidade da Coruña (UDC) Traballando en lingua con inmigrantes, unha iniciativa centrada na dinamización lingüística en contextos de diversidade e inmigración coa que quixemos poñer en diálogo a realidade migratoria coa promoción da lingua galega como ferramenta de inclusión, cohesión social e exercicio de dereitos. […]