O padrón municipal de vehículos aumentou en 3.041 unidades en cinco anos e acada a cifra récord de 29.990

No concello de Carballo hai 32.000 habitantes e case 30.000 vehículos. Concretamente 29.990, segundo os datos do padrón municipal de vehículos correspondente ao ano 2025. Son 3.041 máis que no 2020. No último ano rexistrouse un incremento especialmente importante, cun 2,81% de suba con respecto ao 2024. Dos 29.990 vehículos que hai no noso concello, […]
Protección Civil de Carballo colabora coa campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais e está a disposición da Xunta para intervir onde sexa preciso

O servizo municipal e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carballo colaboran na campaña de recollida de material para as zonas afectadas polos incendios forestais organizada por Emerxencias Galicia. O material que se precisa son batelumes, máscaras e lentes e luvas de protección. Dito material poderase entregar na base de Protección Civil (Praza […]
En marcha a segunda fase do plan anual de mantemento de vías, que abranguen tanto a zona urbana coma a rural

A empresa Vázquez y Reino está a executar as obras incluídas no contrato de servizos de conservación, mantemento e reparación das vías municipais, que ten adxudicado desde o 2023 por un período máximo de catro anos e un orzamento total de 1,4 millóns de euros. O contrato divídese en dous lotes: un correspondente ás vías urbanas e […]
Admitidas as 202 solicitudes presentadas para o programa Concilia no curso 2025-26

Todas as solicitudes presentadas para o programa Concilia de cara o curso 2025-26 están admitidas. Son un total de 202 (21 máis que o curso pasado): 97 para o colexio Bergantiños, 81 para o Fogar e 24 para o Gándara-Sofán. No resto dos centros públicos de primaria non se implantará o servizo, xa que non […]
O Concello de Carballo licita o contrato para a redacción do proxecto de mellora da avenida de Fisterra

Tal como se acordou na xuntanza coa conselleira de Vivenda celebrada a mediados de xuño, o Concello de Carballo pon en marcha o proceso de licitación do contrato para a redacción do proxecto de mellora da avenida de Fisterra. O obxectivo fixado naquela reunión é a sinatura, neste 2025, dun convenio de colaboración a tres […]
Xa está operativo o novo parque de calistenia e biosaudable da Praza do Hospital

A Concellaría de Deportes achega á veciñanza un novo recurso co que pretende facilitar a práctica do exercicio físico ao aire libre. Xa está operativo o novo parque biosaudable e de calistenia da Praza do Hospital, que se amplía como espazo de lecer para toda a cidadanía tras o peche ao tráfico dun treito da […]