O CCA presenta o panel de xogo que contribuirá á dinamización da campaña “A voltas co cole” os días 5 e 19 de setembro

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo presentou este luns o gran protagonista da súa nova campaña “A voltas co cole”: un pasatempo familiar que busca dinamizar o comercio de proximidade e premiar á clientela que realiza as súas compras no pequeno comercio carballés. No acto, acompañando aos representantes da entidade, estiveron presentes o alcalde de […]
O alumnado do curso de xestión de chamadas de teleasistencia que participa no proxecto piloto de atención telefónica atendeu a 68 persoas en dez días

Nos dez primeiros días de funcionamento da campaña informativa Cada chamada conta, cada persoa importa, promovida polas entidades sociaisAfaber, Apem e Aspaber coa colaboración do Concello de Carballo, foron atendidas 68 persoas: 46 mulleres e 22 homes. As alumnas do curso de Xestión de chamadas de teleasistencia, que estamos a impartir no Fórum dentro do […]
O Concello volve promover o galego no sector da hostalaría repartindo salvamanteis con pasatempos da revista “A píllara” en colaboración con Axober

Entre as numerosas actividades que vimos desenvolvendo para a normalización e a promoción da lingua galega en diferentes ámbitos, desde as concellarías de Normalización Lingüística e Promoción Económica estamos a realizar por terceiro ano, e nesta ocasión coa colaboración de Axober, un reparto de salvamanteis con pasatempos da revista A píllara, editada polo Concello de […]
Máis de 1.500 persoas maiores de sesenta anos poderán participar este curso nas actividades do programa “Remocea”, que abre o prazo de inscrición

Volve o programa Remocea, con máis actividades aínda, para animar ás persoas maiores de 60 anos a manter unha vida activa e saudable e ofrecerlles recursos para mellorar a súa autonomía persoal. Neste obxectivo colaboran diferentes áreas municipais, e por iso na presentación do curso participaron, ademais do alcalde, Evencio Ferrero, os/as concelleiros/as de Terceira […]
A Policía Local porá en marcha en setembro unha campaña de vixilancia e control das terrazas de hostalaría para vixiar o cumprimento das ordenanzas municipais

A Policía Local de Carballo iniciará a semana que vén unha nova campaña de control das terrazas de hostalaría coa finalidade de vixiar o cumprimento das ordenanzas municipais que regulan esta actividade. Este tipo de accións veñen desenvolvéndose practicamente todos os anos agás durante o período 2020-21, no que os establecementos de hostalaría estiveron exentos […]
Medio cento de nenos e nenas de 9 a 17 anos participaron nos campamentos dixitais de verán organizados pola Concellaría de Innovación e a Fundación Esplai

Case medio cento de nenas de nove a dezasete anos de idade participaron ao longo do verán nos campamentos dixitais organizados pola Concellaría de Innovación en colaboración coa Fundación Esplai. Hoxe rematou o cuarto. O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Innovación, Iván Andrade, e a concelleira de Educación, Mar Eirís, ademais da técnica responsable […]