Recepción do alcalde á investigadora carballesa Verónica Bolón Canedo en recoñecemento polo Premio Nacional de Investigación María Andresa Casamayor

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ofreceu este xoves unha recepción oficial á enxeñeira e doutora en Informática Verónica Bolón Canedo, experta en IA e investigadora de novos métodos de Intelixencia Artificial máis éticos e sostibles. Polo seu traballo vén de recoller de mans do Rei o Premio Nacional de Investigación María Andresa Casamayor, un […]
A compatibilidade de usos centrará a primeira edición do Foro Razo Baldaio, que reunirá o sábado 6 a políticos e técnicos no centro social de Lema

O programa Eu quero Razo-Baldaio despide a súa sétima edición cunha chamada á cidadanía para reflexionar sobre a compatibilidade de usos nas praias. Este sábado 6 de setembro, a partir das 10.30 horas, celebrarase no centro social de Lema a primeira edición do Foro Razo Baldaio, no que participarán representantes políticos, técnicos e os veciños […]
En marcha os traballos de renovación do equipamento de seis pistas polideportivas situadas nas parroquias de Ardaña, Cances, Carballo, Rus e Sísamo

A Concellaría de Deporte ten en marcha un plan de renovación do equipamento das pistas polideportivas que temos distribuídas por todo o territorio municipal coa finalidade de facilitar e fomentar a práctica deportiva nas diferentes parroquias e de poñer en valor unha serie de instalacións que se sitúan na súa maior parte na zona rural. […]
Carballo será o centro neurálxico do Rally Terra de Galicia, que se disputará do 4 ao 6 de setembro cun percorrido de 375 quilómetros por sete concellos da provincia

O Rally Terra de Galicia, que se disputará do 4 ao 6 de setembro, reunirá a 50 pilotos nun percorrido de 375 quilómetros, 100 deles cronometrados, polos municipios de Carballo, A Coruña, Arteixo, Cerceda, A Laracha, Malpica e Ponteceso. O evento, que debuta como proba puntuable no Campionato de España de Rallys de Terra, converterá […]
O I Torneo Internacional Sub-16 Bergantiños Football Cup reunirá en Carballo a algunhas das mellores canteiras do mundo durante a fin de semana

O campo municipal das Eiroas vaise transformar durante a fin de semana na plataforma de lanzamento das próximas estrelas do fútbol. As canteiras do FC Barcelona, Atlético de Madrid, Athletic Club de Bilbao, Valencia CF, Real Sociedad, RC Celta, RC Deportivo da Coruña, do portugués FC Porto e do xaponés Next Japan Under Armour compartirán […]
O CCA presenta o panel de xogo que contribuirá á dinamización da campaña “A voltas co cole” os días 5 e 19 de setembro

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo presentou este luns o gran protagonista da súa nova campaña “A voltas co cole”: un pasatempo familiar que busca dinamizar o comercio de proximidade e premiar á clientela que realiza as súas compras no pequeno comercio carballés. No acto, acompañando aos representantes da entidade, estiveron presentes o alcalde de […]