O Consello Escolar Municipal analizou o inicio do curso nos centros educativos carballeses, nos que estudan máis de 4.000 alumnos e alumnas

O Consello Escolar Municipal celebrou este martes a habitual xuntanza de principios de curso para analizar a situación nos centros do noso concello, e neste caso tamén para dar conta da renovación de cargos. Na presidencia, que lle corresponde á Alcaldía, figura agora Daniel Pérez; pero tamén se incorporou o novo inspector da Consellería de […]
Axober aposta pola mobilidade sostible na xornada “Bergantiños cero emisións”, que se celebrará o sábado 8 de novembro en Carballo

Axober suma unha nova cita ao seu catálogo anual de eventos, e aínda que é a primeira edición, a xornada Bergantiños cero emisións nace con vocación de continuidade. Carballo vaise converter este sábado 8 de novembro no punto de referencia da mobilidade sostible e as enerxías renovables a través dunha iniciativa que inclúe exposicións, charlas […]
Recepción de Daniel Pérez a Brais Pensado tras conseguir cinco medallas no Campionato de Europa de salvamento e socorrismo

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez López, ofreceu este luns unha recepción oficial ao deportista do Sysca Brais Pensado Alberti, que vén de acadar cinco medallas no Campionato de Europa de salvamento e socorrismo. O mozo carballés, de 17 anos, recibiu tamén os parabéns do concelleiro de Deporte, Daniel Barreiro Quintáns, e asinou no Libro […]
Os consellos parroquiais volven en novembro para seguir fomentando a participación veciñal na xestión municipal

Os consellos parroquiais retomarán a súa actividade no mes de novembro. Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión municipal, e os consellos parroquiais constitúen dende o ano 2017 unha canle fundamental. Nestes momentos están constituídos 16 consellos parroquiais, nos que participan de xeito directo máis de 300 veciños e […]
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de expropiación dos terreos destinados á construción dun aparcadoiro en Razo

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns 3 de novembro o proxecto de expropiación dos terreos incluídos no Plan especial de protección, infraestruturas e dotación en Arnados-Razo para a construción dun aparcadoiro e das vías circundantes. A superficie total é de 11.164 metros cadrados de terreo, clasificado no PXOM como solo […]
O subdelegado do Goberno, Julio Abalde, destacou na súa primeira visita oficial ao Concello de Carballo o impulso que suporán os fondos do Plan EDIL

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, recibiu hoxe ao subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, que, tras o seu recente nomeamento, realizou a súa primeira visita institucional ao noso concello. O subdelegado do Goberno mantivo unha xuntanza na Alcaldía con varios membros do goberno municipal. Na reunión abordáronse os principais proxectos e retos do […]