Carballo reforza a súa aposta polo colector marrón con novas accións de información e concienciación cidadá a partir do xoves 20 de novembro

Desde o Concello de Carballo queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, e por iso, para cumprir coa lexislación vixente, é moi importante reforzar a nosa aposta […]
O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica mantiveron unha xuntanza co director xeral e o subdirector da Cámara de Comercio da Coruña

No marco da comunicación e colaboración que veñen mantendo as dúas institucións, o alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, veñen de reunirse co director xeral e o subdirector da Cámara da Coruña, Manuel Galdo e Carlos Fernández. Na xuntanza falaron sobre a situación económica xeral, o importante papel que xoga […]
A Xunta de Goberno aproba un novo convenio de colaboración entre o Concello e a asociación Vieiro para a prevención das drogodependencias

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns a sinatura dun novo convenio entre o Concello de Carballo e a asociación Vieiro para seguir colaborando no ámbito da prevención das adiccións en todos os ámbitos. O acordo tamén inclúe os servizos de información, orientación, asesoramento e atención xurídico-social que presta a entidade […]
A violencia dixital será o eixe temático das actividades organizadas arredor do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Acosar á muller usando o móbil, espiarlle o teléfono, censurar as fotos que comparte nas redes sociais ou controlar o que publica, ter acceso á súa xeolocalización, obrigala a que che envíe imaxes íntimas, obrigala a que che facilite as súas claves persoais, enfadarse porque non responda inmediatamente ás mensaxes… Todos estes son exemplos de […]
Carballo volve recibir 4 Flores de Honra no certame Vilas en Flor, que este ano tivo como sede o noso concello

O traballo que vimos realizando nos últimos anos para a creación de espazos verdes máis sostibles e que sirvan, ademais, como elementos vertebradores do territorio, segue a dar os seus froitos. Despois de gañar o Premio Nacional de Parques y Jardines Públicos na categoría de concellos de menos de 50.000 habitantes, hoxe, por segundo ano […]
Concello e familia lembran ao escritor Cándido González Tiradas no 120º aniversario do seu nacemento en Carballo

Hoxe, coincidindo co 120º aniversario do nacemento de Cándido González Tiradas, rendémoslle unha pequena homenaxe nun acto no que participaron o alcalde, Daniel Pérez, as concelleiras Maruxa Suárez, Ángeles Pacoret e Maica Ures, e familiares do escritor e xornalista carballés. Xunto ao panel instalado polo Concello de Carballo na rúa que leva o seu nome, […]