Pedro José Cancela González toma posesión como funcionario de carreira no posto de inspector da Policía Local

Despois de superar o período de formación correspondente, Pedro José Cancela González, ata agora oficial e xefe da Policía Local, tomou posesión este venres como funcionario de carreira no posto de inspector da Policía Local. No acto, celebrado na Alcaldía, estiveron presentes, ademais de Daniel Pérez, varios membros do goberno municipal, que felicitaron ao inspector […]
En marcha un novo proxecto de mellora da accesibilidade que inclúe máis de vinte actuacións no espazo urbano

O alcalde, Daniel Pérez, e os concelleiros de Obras e Mobilidade, Luis Lamas e Juan Seoane, respectivamente, realizaron un percorrido por algunhas das obras en marcha dentro do plan de mellora da accesibilidade, que, despois das actuacións realizadas nos últimos anos no barrio das Flores, a zona da Avenida Ponte da Pedra ou A Milagrosa, […]
Concello de Carballo e Cáritas renovan o convenio anual para o mantemento do centro de día de Verdillo

O alcalde, Daniel Pérez, asinou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e Cáritas Parroquial para o mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños, situado en Verdillo. Ademais de Daniel Pérez, ao acto asistiu a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, en representación do executivo local, mentres que […]
Judo Club Bergantiños celebra o décimo aniversario das Xornadas de Nadal Concello de Carballo cunha cifra récord de 800 participantes

Despois de dez anos, as Xornadas de Nadal organizadas polo Judo Club Bergantiños, coa colaboración do Concello de Carballo, son unha das citas obrigadas da ponte da Constitución. A participación non para de medrar, e dos 100 deportistas da primeira edición pasaremos a 800 neste décimo aniversario, o que converte o evento do domingo 7 […]
Daniel Pérez recibiu a unha representación da asociación “Senegaleses de Carballo”, que nace para fomentar as relacións entre as dúas comunidades

Daniel Pérez vén de recibir a unha representación da comunidade senegalesa asentada en Carballo, que se achegou á casa do concello acompañada por unha técnica do Plan de Inclusión da Xunta de Galicia. O obxectivo da xuntanza foi a presentación da asociación Senegaleses de Carballo, que nace para “fortalecer a convivencia, promover o coñecemento intercultural […]
O Concello de Carballo recupera no calendario do 2026 unha colección de fotografías de hai cen anos que forman parte do arquivo histórico Loty

Dentro do proxecto Carballo na Memoria, o calendario do próximo ano permitiranos compartir con toda a veciñanza unha interesante colección de fotografías datadas entre finais dos anos 20 e principios dos 30, algunhas delas inéditas. As imaxes forman parte da Colección Loty, custodiada polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo, ao que temos que agradecer a […]