A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de expropiación dos terreos destinados á construción dun aparcadoiro en Razo

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns 3 de novembro o proxecto de expropiación dos terreos incluídos no Plan especial de protección, infraestruturas e dotación en Arnados-Razo para a construción dun aparcadoiro e das vías circundantes. A superficie total é de 11.164 metros cadrados de terreo, clasificado no PXOM como solo […]
O subdelegado do Goberno, Julio Abalde, destacou na súa primeira visita oficial ao Concello de Carballo o impulso que suporán os fondos do Plan EDIL

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, recibiu hoxe ao subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, que, tras o seu recente nomeamento, realizou a súa primeira visita institucional ao noso concello. O subdelegado do Goberno mantivo unha xuntanza na Alcaldía con varios membros do goberno municipal. Na reunión abordáronse os principais proxectos e retos do […]
O Concello de Carballo convoca os I Premios do Deporte, que serán entregados nunha gala programada para o 19 de decembro

O Concello de Carballo publica os I Premios do Deporte, cos que pretendemos recoñecer as persoas e entidades destacadas polos seus logros deportivos e polo seu labor no fomento e na promoción da actividade física e o deporte no ámbito local. Establécense nove premios nas seguintes categorías e a posibilidade de mencións especiais e galardóns […]
O Concello inviste 111.000 euros na renovación das pasarelas de acceso aos areais e das varandas de madeira das praias de Razo e Pedra do Sal

O Concello de Carballo está a realizar un investimento de 111.383,40 euros na renovación das pasarelas de madeira a través das cales se realizan os accesos ás praias de Razo e Pedra do Sal, así coma aos postos de salvamento e socorrismo ou, no primeiro caso, tamén á bibliopraia e ao miradoiro. O proxecto inclúe, […]
Carballo rende homenaxe ao escritor e xornalista Cándido González Tiradas no 120º aniversario do seu nacemento no noso concello

O escritor e xornalista Cándido Alfonso González Tiradas naceu en Carballo o 13 de novembro de 1905. Coincidindo co 120º aniversario desa data, o Concello ten programados unha serie de actos de lembranza e homenaxe que arrincarán este mesmo xoves 30 de outubro no marco do FIOT. A Aula de Teatro do Concello de Carballo realizará […]
As cabazas volven ás zonas verdes para celebrar o Samaín e implicar a infancia no coidado dos xardíns

Ás portas do Samaín, e coincidindo coa decoración con cabazas das prazas de Galicia, da Cruz Vermella e do Concello, arrinca unha nova edición da campaña Presume de xardíns, na que contamos coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín co obxectivo de fomentar o coidado e o respecto polas zonas verdes e os espazos […]